Javi Ramos's reviews

Clear filters
Showing 1 review
  • by

    3/5 stars

    Un disco demasiado sofisticado para ser o suficientemente mamarracho e demasiado mamarracho para ser o suficientemente sofisticado. Nin arre nin xo, nin moito nin pouco.

    As ideas interesantes -que non son poucas- quedan enterradas nunha duración excesiva e nun remexido de experimentos que, para o meu gusto, pecan de pretenciosos e me distancian bastante do que si me atrae.

    Contento con que cheguen a esa fina capa de música que non-é-mainstream-pero-case cousas diferentes, pero aínda non atopei os motivos para que este disco levantara tanta expectación. Pode que nuns anos volva e me decate de que simplemente era cousa da miña xordeira, pero non ten moita traza de momento

Most Reviewed Artists

Review Ratings 55

Ratings distribution
0 ½ ratings
3 ★ ratings
1 ★½ rating
3 ★★ ratings
2 ★★½ ratings
1 ★★★ rating
1 ★★★½ rating
13 ★★★★ ratings
8 ★★★★½ ratings
23 ★★★★★ ratings
1
5