Un disco que, na primeira volta, estiven preto de quitar pola metade. Nas antípodas da PJ que me cautivou, pero incriblemente delicado e sensible. Persistín, supoño que por fe en toda a bagaxe anterior, e chegou un momento no que todo ese folk minimalista, de orfebrería, acabou por facer clic. Entrei no seu universo, aínda que fora con outras formas. E, de súpeto, os tropos da Polly Jean de sempre: a sexualidade, a inocencia, a morte. E "A Noiseless Noise" para reconciliarse co pasado e poñer todo en perspectiva. É magnífico, como ela. Sorprenderíame que non collera máis entidade co tempo