Listeners
Avg. rating
3.5
Popularity
1,804

by

3.5/5 stars

Na miña cabeza estaba gardado como un disco "menor", ao que non había tantos motivos para volver, un acabado menos resultón dunha discografía case inmaculada. Había algunha canción apañada, si, pero tampouco me ía a vida en nada do que pasaba aquí.

Este ano vin a PJ Harvey por primeira vez en directo. Estabamos miles de persoas aguantando unha chuvieira importante cando Polly Jean tivo a ben dicirnos que a seguinte canción ía na memoria de Steve Albini, finado poucos días antes. A canción era "The Desperate Kingdom of Love", precisamente deste Uh Huh Her.

Vai case un mes, pero teño marcado a ferro na memoria todo o que viu despois e volvo recurrentemente a ese momento: PJ soa, cunha guitarra acústica, sobre o escenario; un único raio de luz apuntando cara a ela; o silencio solemne, reverencial, que acompañou cada segundo da actuación... de repente bailábame todo por dentro e os meus pés parecían non tocar o chan.

Unha canción perdida dentro dun disco a priori esquecible. E pasa a ser un dos momentos máis especiais que nunca teña vivido ca música de por medio. Cando un talento é TAN inmenso coma este non se pode dar ningunha cousa por sentada.

All hail Polly Jean Harvey

Comments

Showing 0 comments

You need to be logged in to comment.